lunes, 6 de junio de 2011

2ª Semana das VIII Xornadas Anarquistas de Compostela

Encuadradas dentro das "Xornadas pola Anarquía e a Extensión da Revolta" seguen esta semana con duas charlas-coloquio moi interesantes:

MÉRCORES 8 XUÑO "As virtudes subversivas. Os anarquistas na actualidade"

Falaremos cun compañeiro italiano, autor de diversos textos insurrectos, recollidos no libro "El desorden de la libertad", que abordan boa parte dos debates máis actuais do anarquismo do sur de Europa. Entendemos como "virtudes subversivas": o valor real das propias ideas, a autonomía de xuizo, a tenacidade, a constancia, a humildade, a memoria, a creatividade, a imprevisibilidade,... como xeito de coñecer con quen e como actuar nun sentido revolucionario.

XOVES 9 XUÑO "O Anarquismo en Chile desde a Dictadura ata agora"

A cargo dun compa chileno con quen falaremos das loitas destes últimos anos: A montaxe do chamado “Caso Bombas” e da escala represiva contra Centros Sociais e Okupas, da solidariedade con o pobo Mapuche, das loitas contra os cárceres,…

Ambas charlas terán lugar às 20h 30' no local da Biblioteca Anarquista “A Ghavilla” na rua Puente la Reina, nº 8 (bairro de Belvís, na paralela a Quiroga Palacios).

*O xoves depois da charla haberá CEADOR VEGANO por só 3€ (mais a vontade)

A crise em Grécia- Informacion, debate e cea popular

A crise grega - información, debate e cea popular de cociña grega
Haberá un bote pra recaudar cartos en apoio á revista anticarcelaria "punto de fuga" (http://puntodefuga.org)

Sábado 4 de xuño no local social Vagalume (Rúa nóreas, 8, Lugo, dentro de murallas)

Venres 10 de xuño na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" (r/Pontedarraíña nº8, Santiago de Compostela)

http://puntodefuga.org/lugo-la-crisis-griega-informacion-y-debate-cena-popular-de-cocina-griega-vegetariana

Saude e bon probeito!

VIII Xornadas Anarquistas de Compostela

(encadradas dentro das xornadas anarquistas de Galiza, abordaxerevista.blogspot.com)

VENRES 20 MAIO: A problemática nos centros de menores.

Incidiráse no funcionamento destes cárceres para nenxs, dende a visión de unha persoa integrante de ESCULCA, un organismo legalista que tenta asumir a defensa das liberdades e dereitos de fundamentais das persoas. Unha charla de carácter informativo para a aportación na loita contra as prisións de menores en particular, e contra todas as prisións en xeral.

XOVES 26 MAIO: A nova privatización da auga en Galiza.

Dende xaneiro, entra en vigor a "lei de augas de Galicia", coa que a auga pasa de ser un ben universal a un negocio máis en mans da empresa Augas de Galicia, con dereito privado. Reflexionaremos con dous compañeiros sobre o proceso privatizador da auga, impulsado por políticas dende a escala internacional á local que siguen as directrices da globalización capitalista.

VENRES 27 MAIO: Charla contra a MAT (Moi Alta Tensión) en Catalunya.

Contaremos con duas compañeiras de Catalunya que participaron activamente desta loita para falar das diferentes formas, orixinais e combativas, de actuación contra esta infraestrutura, aportando novas tácticas na loita contra o seu progreso.

*NA SEMANA DO 30 DE MAIO AO 5 DE XUÑO, FAREMOS UN PEQUENO DESCANSO DAS XORNADAS, ANIMÁNDOVOS A TODAS A QUE VOS SOLIDARICEDES COA LOITA MAPUCHE NA FESTA SOLIDARIA QUE SE CELEBRARÁ EN BALBOA (O BIERZO) OS DÍAS 3 E 4 DE XUÑO CON ACTIVIDADES MOI DIVERSAS (+info: abordaxerevista.blogspot.com)*

MÉRCORES 8 XUÑO: "As virtudes subversivas. Os anarquistas na actualidade"

Charla coloquio cun compañeiro italiano, autor de diversos escritos publicados en "El desorden de la libertad". Falar de "virtudes subversivas" (o valor real das propias ideas, a autonomía de xuizo, tenacidade, constancia, humildade, memoria, creatividade, imprevisibilidade...), son quizáis unha boa forma de coñecer con quen e como actuar nun sentido revolucionario.

XOVES 9 XUÑO: Charla sobre a cultura e loita mapuches, a cargo de Rodrigo Curipam Werkem, da comunidade de Rankinko.

Participou moi activamente na loita destes últimos anos, recentemente excadeado polo estado chileno, tras unha longa e dura folga de fame que ainda dura actualmente nas prisións chilenas.

ACTUALIZACIÓN: Por problemas de permisos legais, o compa Rodrigo Curipán non poderá acudir a estas xornadas e no seu lugar debateremos con un compa chileno sobre o anarquismo en Chile desde a dictadura ata agora.

*(por concretar, semana do 13 de xuño)*: Charla sobre a reforma do código penal.

Dous avogadxs de Madrid explicarán o endurecimento das leis coas últimas reformas da lexislación penal e as suas consecuencias, importante na recopilación de datos para novas estratexias defensivas.

*(por concretar, semana do 13 de xuño)*: Mulleres saharauis en loita.

Asistiremos ao testimonio de duas mulleres saharauis que se arriscaron por dar a coñecer ao mundo a realidade da loita do seu povo contra a represión marroquí. Con elas poderemos achegarnos á realidade do povo saharaui e máis en concreto das mulleres saharauis.

TODAS AS CHARLAS SERÁS APARTIR DAS 20:30H NA BIBLIOTECA
(lembrámosvos, a rúa entre Quiroga Palacios e Avda de Lugo, no número 8)

Difundide!!!!