viernes, 18 de mayo de 2012

IX XORNADAS ANARQUISTAS DE COMPOSTELA

As charlas serán apartir das 20:30h


Programa das xornadas 


MARTES 22 DE MAIO; Presentación do libro "Drogas ¿unha opción persoal?" 
 Libro recentemente publicado por Distrimaligna. Contaremos cun companheiro desta distribuidora anarquista para presentar o libro e debatir sobre un tema de índole social como é o das drogas 


 VENRES 25 DE MAIO; Charla: 3 de Marzo de 1976, masacre en Vitoria 
 Dende Vitoria virán dous testigos das loitas obreiras asemblearias do momento, brutalmente reprimidas pola policia. Auténtica masacre onde resultaron 4 persoas mortas e máis de 50 feridas de bala. 


 XOVES 31 DE MAIO; Charla: Realidade carcelaria nas últimas décadas 
 A cargo de Javi de Ávila, actualmente en terceiro grao penitenciario, que participou en todas as loitas dxs presxs pola sua dignidade, dende a COPEL. 


 VENRES 1 DE XUNHO; Debate: anarquismo e liberación nacional 
 Cunha introducción previa dende un punto de vista histórico e actual no mundo e en particular na Galiza. 


VENRES 8 DE XUNHO; Charla sobre a escola livre Ruka Inche (Chile) e video "De la cuna a la cárcel... por ser pobre" 
 Un compañeiro de Chile que traballa actualmente na escola Ruka Inche nos contará como naceu o proxecto e a sua situación actual. 


SÁBADO 9 DE XUNHO; Charla coloquio con A. M. Bonanno 
 Anarquista italiano que adicou toda unha vida á difusión dun proxecto revolucionario insurreccional. Redactor de varios publicacións libertarias, polas que tivo constantes condeas por "propaganda subversiva", e autor de numerosos libros, entre outros Gioia Armata, prohibido en Italia e polo cual pagou 9 meses en prisión. 


 DOMINGO 10 DE XUNHO; Roteiro histórico polos CC. SS. okupados da cidade de Compostela. Saída dende a Sala Iago (rúa do vilar) ás 12h

miércoles, 2 de mayo de 2012

II Ceador Vegano en apoio a presxs (3-maio)

Insistimos na nosa teima en apoiar ás persoas presas... e como prometimos en abril, voltamos cun segundo ceador sen sufrimento animal e solidario coas secuestradxs nos centros de exterminio do estado.
E así seguiremos ata o vrao...
Os primeiros xoves de cada mes, apartir das 22h... En fin, vémonos o 3 de maio!!
e seguiremos lembrando nos seguintes meses...