jueves, 21 de febrero de 2013

Martes 28 às 20:00' - "A Estratexia do Caracol" no Cinema-Forum

2ª Proxección no Cinema-Forum de "A Ghavilla". Unha oportunidade de visonar este filme en pantalla grande con sonido estéreo e en boa companhía con a comodidade da Biblioteca, xunto a un bo ambigú. Qué máis se pode pedir??

A Estratexia do Caracol ( Sergio Cabrera 1993 Colombia ) 116 min.

O caracol, animal que leva sobre as suas costas o seu fogar, non só é a cristalización da idea do acceso libre e igualitario à vivenda digna, da conquista e defensa dese direito tan básico, senón das posibilidades certas que temos todas de construir o noso fogar que, no caso dos seres humanos, realizase cooperativamente.

“A Estratexia do Caracol” non só é un filme que desenvolve un guión máis que interesante e criativo, umhas personaxes queribeis e umha ambientación e fotografía espectacular, senón que se constitue numha reflexión acerca das estratexias e obxectivos que tenhen as comunidades humanas de enfrontarse e resolver os problemas, baseados no apoio mútuo: “de cada un según a sua capacidade” nos di aquél vello miliciano anarquista espanhol achegado a terras colombianas, ao que o “Perro”, candidato a leguleio, responde “que esta estratexia non ten precedentes” e nunca a terá no marco democrático representativo.

“A Estratexia do Caracol” xulga a realidade latinoamericana e non só a colombiana, con palabras precisas, entonación firme e segura. Amosa a diversidade na unidade. A posibilidade da unidade da diversidade. A sociabilidade popular baseada nas confianzas e necesidades humanas, individuais e colectivas. Que non importando as circunstancias adversas a que nos enfrontemos, moi superiores ao individuo, sempre nos teremos os uns aos outros, a solidariedade por riba do autoritarismo, da astucia e picardía popular à regulamentación legal, da posibilidade de realización dumha sociedade libre e cooperativa ainda en medios desfavorabeis. Porque tal como nos sinala esta estratexia, máis alá da regulamentación política e a determinación histórica-legal, sempre existe a posibilidade grazas à vontade e a solidariedade humana, “levantando un novo teito non porque as leis asín o demanden, senón porque o necesitamos”.