lunes, 25 de marzo de 2013

Martes 26 às 20:00 Proxeción Documentario "A Educación Prohibida"

A escola cumpriu xa máis de 200 anos de existencia e é ainda considerada a principal forma de aceso à educación. Hoxe en día, a escola e a educación son conceptos amplamente discutidos en foros académicos, políticas públicas, institucións educativas, medios de comunicación e espazos da sociedade civil. Dende a sua orixe, a institución escolar estivo caracterizada por estructuras e prácticas que hoxe se consideran maiormente obsoletas e anacrónicas.

Dicimos que non acompañan as necesidades do Século XXI. A sua principal falencia encontra-se nun deseño que non considera a natureza da aprendizaxe, a libertade de eleción ou a importancia que ten o amor e os vínculos humanos no desenvolvimento individual e colectivo.

A partir destas reflexións críticas xurdiran, ao longo dos anos, propostas e prácticas que pensaron e pensan a educación dunha forma diferente. "La Educación Prohibida" é un filme documental que propón recuperar muitas delas, explorar as suas ideas e visibilizar aquelas experiencias que se atreverom a mudar as estructuras do modelo educativo da escola tradicional.

Máis de 90 entrevistas a educadores, académicos, profesionais, autores, nais e pais; un percorrido por 8 países de Iberoamérica pasando por 45 experiencias educativas non convencionais, convirten a "La Educación Prohibida" nun fenómeno único. Un proxecto totalmente independente dunha magnitude inédita, que da conta da necesidade latente do crecemento e xurdimento de novas formas de educación.


lunes, 18 de marzo de 2013

Manhán 19 de marzo proxección do filme "A Banda Bonot"

A Banda Bonnot foi un dos tantos grupos anarquistas expropiadores que tiveron acción na Europa de finais do século XIX e principios do XX. O seu foco de luita foi Francia, entre 1911 e 1912. Denominada desta forma pola sociedade dese país, dado que o seu “líder” era Jules Bonnot, practicaron o ilegalismo como forma de emanciparse da escravitude moderna, principalmente do traballo asalariado.

Este grupo usou o roubo a mao armada, o asalto e asasinato con un duplo fin: O de non someterse à escravitude moderna e o de axitar à sociedade, tan dormida e conforme como é característica. Para ese fin usaron o automóvil, máximo invento da época, con o que pasaron à historia como umha das bandas pioneiras en usar este meio de transporte con fins subversivos.

O filme de Jean Paul Guibert realizado en 1968, narra en 83 minutos a historia desta banda, mergullándonos nas vidas dos seus integrantes, ademáis de entregarnos umha imaxen moi detallada da sociedade francesa de entón.

Poderemos visionalo na sua versión orixinal con subtítulos en castelán

2ª Tanda de filmes e documentarios no CINEMA FORUM "A GHAVILLA"


Xa está programada a 2ª tanda de filmes que, como na quenda anterior, serán proxectados no noso local todolos martes às 20:00' (comenzo pontoal salvo imprevistos) e nesta segunda pogramación convidamosvos a visionar (e depois si se quixer a opinar) os seguintes filmes: en 19 de marzo: "A Banda Bonot" de Jean Paul Guibert filme francés en VOS realizado en 1968 (83 minutos); en 26 de marzo: "A Educación Prohibida" documentario do arxentino Germain Doin reralizado en 2012 (145 min); en 2 de abril proxectaremos o filme mexicano "A Lei de Herodes" dirixido por Luis Estrada en 1999 (123 min) e para rematar esta segunda tanda, en 9 de abril, poderemos visionar o filme de Hector Olivera realizado na Argentina en 1974 "A Patagonia Rebelde" (103 min).

Clicando en "Mais información" acededes a unha sinopse de cada filme.

martes, 12 de marzo de 2013

Charla este venres 15 ás 18:30h: Contextualización da reforma do código penal

A cargo de membros do xornal Todo por Hacer


A última reforma do CP, que se atopa en fase de proposta de enmendas e de “debate” nas Cortes Xerais, vai supoñer unha serie de novidades de maior ou menor trascendencia, como a aprobación da cadea perpetua ou o endurecemento das penas asociadas a varios delitos.

Para entender esta reforma, sen embargo, é necesario contextualizala no tempo e no espazo, así como ideolóxica e sociolóxicamente. Para iso, faremos un brevísimo percorrido pola historia do CP e do cárcere como institución, centrándonos con maior profundidade nas reformas lexislativas da última década. Desta maneira, poderáse concluir que a última reforma penal non é máis que a derradeira volta de porca dun proceso que se está a xestar dende fai moitos anos.

Os cárceres están cheos de pobres e disidentes e a reforma do CP de 2012-2013 axudará a que isto siga a ser así.

Material de apoio: Artículo"La reforma del Código Penal: Una vuelta de tuerca más a la represión"

Outros artigos indirectamente relacionados pero que axudan a contextualizar a charla son: