miércoles, 13 de noviembre de 2013

Xoves 28 as 20:00' "Díaz: Non pulire questo sangue" no ciclo de Cinema Anti-repressivo de Silveira

O Amplo Movimento Anti-Repressivo "Silveira" contactou con nós para disponibilizar o noso espazo da "Ghavilla" como un dos locais onde proxectar este ciclo de cinema que comenza mañá xoves 14 as 19:00 na faculdade de filosofía e durante 4 semanas percorrerá (por esta orden) a biblioteca "Anxel Casal", "A Ghavilla" e o CSO "A Casa do Vento" (información dos filmes e horarios no cartaz).

Así o xoves 28 de novembro as 20:00' proxectarase en "A Ghavilla" o filme "Díaz: Non pulire questo sangue" (Díaz: non limpedes este sangue) de Daniel Vicari

Baseada en feitos reais, a película narra a noite en que se organizou o Contracumio do G8 na cidade de Xénova, en forma de rebatemento ao Cumio do G8 por parte do movemento antiglobalización. Esa noite producíronse varios incidentes, entre eles, o tráxico asalto á escola Díaz, un lugar de acollida para xornalistas acreditados e para manifestantes. Varias persoas achábanse diante desta escola manifestándose. Tras un aviso por parte dos veciños da zona, denunciouse un ataque cara ao corpo policial, polo que as forzas do Estado italiano decidiron asaltar a escola. Aínda que os manifestantes que se encontraban dentro levantaron as mans en sinal de entrega, a policía irrompeu e producíronse diversos incidentes violentos de forma excesiva, brusca e agresiva. Díaz, non limpedes este sangue narra dende a posición de policías, manifestantes e xornalistas, os sucesos tráxicos de noite do asalto á escola, que remataron con persoas feridas e numerosos detidos.

Tambén haberá ceador vegano e os cartos recadados nele serán para financiar este Amplo Movemento.