viernes, 7 de febrero de 2014

Martes 11 ás 21:00’ Documental “As Encobras.- A Ceo Aberto” a loita da parroquia de As Encrobas contra FENOSA en 1977. 2º pase do Ciclo "Luitas Veciñais" no Cinema-Forum Anarquista, no que contaremos con a presencia do seu director-realizador Xosé “Bocixa

Cando Xosé Bocixa era un meniño, vira como a súa parroquia de As Encrobas era engolida por unha mina. Contaba dez anos cando chegaran as excavadoras e se levaran por diante varias aldeas. Foi entón cando a idílica parroquia comenzara a expectorar po branco aos pulmóns da recén construida central térmica de FENOSA. Aquela chimanea insaciable alimentabase do chan rico en lignito. A mina foi así cobrando forma de burato ciclópeo, ata que se esgotou o carbón. Agora, anegado, é o segundo lago artificial máis grande da Galiza. Así é catalogado polas autoridades.

“Para poder explicarche como eran As Encrobas, terías que pechar os ollos e ver o que vexo eu, cómo era aquela terra”. Con esta nostálxica sentencia comenza o relato, en primeira persoa, sobre a desaparición física da parroquia de Encrobas, devorada pola mina de lignito que Unión Fenosa explota dende o ano 77 e que Xosé Bocixa revive neste documental que recupera a revolta agraria de 1977 contra as expropiacións de terrenos que levara a cabo a eléctrica Fenosa. Fora, xunto a Xove e Baldaio, un dos fitos da luita campesina galega. As paisanas blandían paraugas; os guardas civis, mosquetóns: "É un erro considerar que fose unha batalla puntual, porque se trata da historia dunha destrucción constante. Con o paso do tempo, as casas agrietaranse, o cemiterio veuse abaixo e muitas veciñas fumos desprazadas. Os meus pais remataran a outra beira do val, en Meirama", lembra Bocixa.

lunes, 3 de febrero de 2014

Martes 4 as 21:00'.- "La VOZ de Gamonal, De quien es la calle" 1º pase do Ciclo "Luitas Veciñais" no Cinema-Forum Anarquista

Neste mes de febreiro daremos continuidade ao noso Cinema-Forum Anarquista con un ciclo de documentais realizados baixo o prisma de diferentes loitas veciñais de onte para focalizarlas no hoxe e no mañán. A nosa intención é proxectar varios videos que nos falen de como foran esas loitas e que se acadou ou perdeu nelas. Co gallo de tal ciclo temos previsto pasar durante este mes documentais sobre a loita de As Encrobas (no vindeiro martes 11, onde contaremos con a presencia dos seu realizador Xosé Bocixa), outras loitas na Galiza con o documental de Carlos Varela "Na Defensa da Terra", e de fóra da nosa terra como os docus "A Tornallón" contra a especulación en Valencia, “La Cañada Otra Mirada” sobre La Cañada Real ou "Kukutza III" sobre a famosa okupa de Bilbo.

Para comenzar escollimos "La Voz del Gamonal, De quien es la calle?" un documental de 1 hora que narra a oposición da veciñanza de Gamonal contra a construcción dun parking na avenida Eladio Perlado en agosto de 2005. Como unha boa maneira de dar a coñecer a xénese dos conflictos que viviu o Gamonal ao longo da súa historia. A luita contra aquel parking que quería construir o alcalde de Burgos hai case xa unha década garda muita relación con a actual loita no Gamonal.

Aquí podedes ler unha reseña do documental: